Brión, 4 de marzo do 2018 – A Aula CeMit de Brión acollerá mañá luns 5 de marzo, de 11:00 a 12:00 horas, unha charla sobre os dereitos das persoas usuarias de talleres de reparación de vehículos.
Trátase dunha charla organizada pola Escola Galega de Consumo, en colaboración co Concello de Brión, na que as persoas que asistan poderán coñecer os seus dereitos e deberes, así como unha serie de recomendacións a ter en conta á hora de levar os vehículos aos talleres.
A charla terá lugar por videoconferencia, que poderá seguirse na aula CeMIT de Brión. As persoas de Brión interesadas en participar poderán inscribirse a través da web da Aula CeMIT de Brión (https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/24202).