Un 2020 sen Santa Minia

0

Brión, 22 de setembro do 2020 – O concello de Brión suspende todas as actividades vinculadas a festividade de Santa Minia e advirte de sancións pola ocupación da vía pública.

No mes de xullo o ex alcalde José Luís García avanzaba, na entrevista que publicábamos en Lindeiros.gal, que sería moi difícil celebrar a festa sen un cambio significativo na situación. Agora o concello de Brión confirma a anulación da Romaría e de todas as actividades a ela vencelladas como as verbenas, actuacións culturais, postos de venda, atraccións, polbeiras, queima da fachada, animación de rúa, etc.

Un 2020 sen Santa Minia

Imaxe de arquivo da festa de Santa Minia

O único que se mantén é unha gran tirada de fogos de artificio dende Brión, Bastavales e Viceso que poderá ser seguida desde calquera parte do municipio, evitando así a aglomeración de xente. O novo alcalde, Pablo Lago, mantivo unha reunión co equipo organizador do programa de Santa Minia, así como coa Policía Local, para analizar a situación de cara a esta próxima fin de semana. O Concello lembra que todas as actividades están suspendidas e que non autorizará a instalación de ningún tipo de posto, xa sexa de venda, alimentación ou atracción lúdica, en espazos de dominio público.

O único que se mantén é a programación de misas, xa que a súa organización e desenvolvemento non é competencia do Concello de Brión, senón da Igrexa. Aínda así, a Policía Local velará en todo momento polo correcto e estrito cumprimento do protocolo anticovid nestas celebracións relixiosas. Unha tarefa para a que contará tamén coa colaboración da Garda Civil na tarde/noite do sábado 26 de setembro e durante o domingo 27 de setembro, Día de Santa Minia.

Dende o Concello de Brión lamentan a suspensión da súa máis emblemática festa, que este ano ademais cadraba en domingo, o que podería supoñer nun ano normal a asistencia duns 50.000 romeiros e romeiras. Porén, o incremento de contaxios na área sanitaria fai que o máis prudente sexa a suspensión de toda a programación preparada polo Departamento de Cultura para esta fin de semana, tal e como se anunciou a principios deste mes de setembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial