займ срочно

XXXVII Carreira Pedestre da Amaía

0

Brión, 1 de outubro do 2019 – Un total de 293 persoas, 77 adultos e 216 escolares, xa formalizaron a súa inscrición na XXXVII Carreira Pedestre da Amaia, que terá lugar o sábado 5 de outubro na Carballeira de Santa Minia.

Incluída no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, as inscricións na XXXVII Carreira Pedestre da Amaia poderán formalizarse ata as 14:00 horas deste mércores 2 de outubro a través da web www.carreirasgalegas.com. As inscricións dos adultos custan 5 euros, mentres que as dos menores de 12 anos son de balde.

pedestre da amaiaEn vista do éxito conseguido na edición anterior, na que participaron un total de 431 atletas, a organización da proba decidiu manter o mesmo circuíto, de 4,75 km e con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia, ao que se darán dúas voltas. A proba estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

A carreira repartirá mais de 1.000 euros en premios e agasallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies