Brión organizará cursos de informática básica durante todo o ano

0

Brión, 19 de setembro do 2019 – O Concello de Brión organizará durante todo o ano cursos de informática básica, que terán lugar en canto haxa un mínimo de 8 persoas inscritas e na data que concreten os propios participantes.

A inscrición na materia de informática estará aberta durante todo o ano na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou en empregobrion@gmail.com. O prezo será de 30 euros, cun 50% de desconto para persoas en situación de desemprego.

Brión cursos informáticaO obxectivo destes cursos é que o alumnado adquira coñecementos básicos de informática de cara a mellorar a súa empregabilidade. Así, as persoas que participen aprenderán nocións básicas do manexo dun ordenador e do sistema operativo Windows, dende manexar un procesador de textos ata crear e manexar contas de correo electrónico e navegar por Internet. As clases terán lugar na aula CEMIT de Brión os martes e xoves, en horario de 10:30 a 12:30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial