займ срочно

Bronce para Miguel Mera, do Padronés, na contrarreloxo do Campionato de España de ciclismo escolar

0

Padrón, 10 de xullo do 2017 – O cadete Miguel Mera, do Club Ciclista Padronés, consegue a medalla de bronce na Contrarreloxo dos Campionatos de España de ciclismo escolar e acadou un quinto posto na proba en liña.

Miguel Mera

O canteirán do Padronés participaba en Ávila seleccionado pola Federación Galega en categoría cadete. A proba contra o crono disputouse o sábado e Miguel Mera acadou o terceiro posto a 14 segundos do gañador (Juan Ayuso, Comunidade Valenciana) e a 7 do segundo clasificado (Carlos Rodríguez, Andalucía).

O domingo celebrábase a proba do campionato en liña e Mera cruzaba a meta en 5ª posición nunha vitoria que se decidiu ao sprint e na que Ayuso, o corredor da Comunidade Valenciana, volveu levar a vitoria.

O resto das categorías competiron en Pontevedra

O Club Ciclista Padronés Cortizo-Anova participaba mentres tanto no 1º Gran Premio Peregrina – Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra. Os corredores da categoría elite e sub23 enfrontáronse a dúas probas: a primeira, unha carreira de fondo na que debían completar un total de 14 voltas ao circuíto. Aser Estévez conseguía a segunda praza nesta primeira proba nun sprint moi axustado con Luís Mariño (Cambre-Caeiro). Na segunda proba, de eliminación, tamén destacou o guardés que aguantou ata o final e volvíase a decidir a segunda praza da mesma forma: entre Estévez e Mariño, conseguindo o do Cambre esta vez a segunda posición. En ambas probas, o vencedor foi Lionel Coutinho (Supermercados Froiz).

Aser Estevez no podium de Pontevedra

Os cadetes decidiron a vitoria ao sprint conseguindo Cristian Lapido (5º), Manuel López (7º) e Pablo Lueiro (9º) situarse entre os 10 mellores. O mesmo ocorreu en categoría infantil, onde Martín Rey foi 6º e  Bruno Puceiro 11º.

En alevín feminino, Elsa Montenegro alzouse coa 5ª praza. E en escolas, as principiantes femininas Aloa Branco e Sara Montenegro conseguiron ser 4ª e 5ª clasificadas. Tamén a 5ª praza para Nicolás Puga en cateogoría promesa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies