Bugallo achaca os gromos de Santiago á mobilidade (4/09/2020)

0

Bisbarra, 4 setembro do 2020 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, achacaba onte os gromos da cidade á mobilidade coas vilas próximas ou incluso con Coruña.

Bugallo mobilidadeBugallo considera que é case imposible que a cidade quede fora de contaxios dada a mobilidade en toda a contorna. Preguntado polo número de positivos explica que non ten ese datos pero que tampouco os daría

O gromo do Multiusos segue sendo a preocupación principal na cidade xa que supera os 30 contaxios que se dan entre usuarios e traballadores.

Hostalería

A Hostalería emitía onte un novo comunicado no que volve a insistir nun argumento de peso “todas as restricións que se veñen impoñendo ao sector desde o inicio da pandemia non están servindo para conter o virus e que a maioría dos abrochos estanse producindo noutros establecementos ou en reunións familiares e/ou sociais de carácter privado”.

A Asociación de Hostalería considera que “a saúde debe ser a prioridade, pero o sector, que supón o 20% do PIB galego, está ao límite da súa capacidade de resistencia. Impóñennos novas restricións pero non dos dan ningunha alternativa para a supervivencia dos nosos negocios”.

Bisbarra

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Ames segue sen ter datos sobre positivos no concello. Onte celebrouse unha reunión de coordinación de seguridade e seguimento das medidas de prevención fronte á COVID-19. Asistiron o alcalde, José Miñones, o concelleiro de Administración Xeral, Victor Fernández, así como responsables da Policía Local e da Garda Civil. O obxectivo da mesma foi o de analizar a situación do concello respecto ao seguimento das medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19, así como manter a cooperación e coordinación operativa da Policía Local e Garda Civil no termo municipal.

O alcalde asume na súa páxina de Facebook que poden existir gromos, pola mesma razón que Bugallo: a mobilidade,  e recoñece que non teñen datos

Covid

Acaban de anunciar novas restriccións para Santiago ante o crecemento de casos detectados.

En Ames todavía non…

Publicado por José Miñones en Jueves, 3 de septiembre de 2020

A vila de Ordes segue sumando positivos día a día e a cifra de illados por Coronavirus chega aos 25. O concello segue a insistir na necesidade de aplicar todas as medidas de prevención posible, desde o distanciamento físico ao uso das mascarilla e o lavado de mans con xel hidroalcohólico.

Dende o Concello de Silleda informan de 15 casos activos, dous novos nos últimos días, aínda que tamén se informa de dúas altas entre os afectados.

O concello retoma as desinfeccións periódicas nas rúas, incluíndo a partir da vindeira semana os accesos a todos os centros educativos.

Reforzase tamén a limpeza nestes centros educativos, ca dotación de máis persoal por parte do Concello.Tamén informan que desde onte non se reservarán dependencias deportivas coma os pavillóns, pistas de pádel e campos de fútbol a título privado. Esta decisión adoptouse como medida preventiva, restrinxindo só o seu uso para actividades reguladas como as Escolas Deportivas ou deporte federado.

Santa Comba emite publica un novo bando do alcalde, David Barbeira, coas novas restricións impostas por sanidade. O gromo segue por riva dos 40 casos e polo momento non se coñecen máis novidades.  

No resto dos concellos os gromos da a sensación que pouco a pouco se estabilizan aínda que teremos que ver que sucede ao longo da fin se semana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial