займ срочно

Bujutsu Compostela imparte un curso de defensa persoal feminina en Ames

0

Ames, 6 de xuño do 2019 – O concello de Ames acolle este domingo, en Bertamiráns, un curso de defensa persoal para mulleres que será impartido polo club Bujutsu Compostela.

O curso está organizado pola Concellaría de Deportes de Ames e a Asociación Bujutsu Compostela. Esta destinado a mulleres maiores de 16 anos. É unha actividade de balde excepto 5 euros en concepto de seguro deportivo, algo obrigatorio en este tipo de cursos. Impartirase no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns este domingo en horario de 10.00 a 13.00 horas. Hai dispoñibles un total de 24 prazas e a inscrición pode realizarse mediante chamada telefónica ou whatshapp ao teléfono 665 841 036

O curso ofrecerá ás participantes un conxunto de técnicas moi sinxelas para tratar de defenderse ante unha ameaza ou agresión. Durante a primeira media hora, o monitor presentará unha serie de pautas destinadas  a previr unha agresión e sinalará como debe ser a actuación da vítima no caso de que esta se produza. A continuación coñecerán de primeira man como enfrontarse e resolver diversos tipos de agresións, para o que porán en práctica unha serie de técnicas enfocadas na defensa persoal e na posterior fuxida. Deste xeito, o obxectivo será que as alumnas sexan quen de adoptar resolucións rápidas e contundentes ante unha situación de perigo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies