Solicitan a caducidade da apertura da mina de Touro ao tempo que AESA abre un expediente sancionador contra Cobre San Rafael

0

Touro, 21 de setembro do 2018 – Membros da Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON solicitaron a caducidade do procedemento de apertura da mina de cobre a ceo aberto.

Desde o pasado mes de outubro, a Xefatura Territorial de Minas da Coruña foille remitindo a Cobre San Rafael os informes dos distintos organismos consultados para que, nun prazo de 15 días, a promotora dese resposta ós mesmos. A empresa solicitou a suspensión dos prazos ata ter a totalidade dos informes. O prazo para as respostas por parte da empresa rematou o pasado 26 de xullo sen que Cobre San Rafael contestara aos 9 informes recibidos. Membros da Plataforma ampáranse agora na lei de procedemento administrativo para solicitar a caducidade por causa imputable ao interesado, e dicir por esa falta de resposta.

A empresa asegurou en varias ocasións que si respondera pero esa documentación non chegou nin aos veciños nin aos concellos afectados, partes interesadas no proceso. A Plataforma explica que non se pode manter un procedemento aberto a disposición dunha das partes.

AESA abre expediente sancionador

A Agencia Estatal de Seguridad Aérea, AESA, vén de abrir expediente sancionador contra Cobre San Rafael polos vos realizados por un helicóptero equipado cun xeorradar. Tratábase dunha compañía contratada por Atalaya Mining para a realización dunha enquisa xeofísica aerotransportada incluida na súa campaña de exploración sobre as novas concesións de investigación ó redor do Proxecto Touro. O 16 de novembro, despois de varias chamadas ó servicio de control de tránsito aéreo alertando da baixa altura á que voaba o helicóptero, púidose observar que chocaba coa copa dunha árbore nunha parroquia do concello de Boqueixón, caendo o sistema electromagnético a unha finca privada a escasos 100 metros de vivendas. Este xoves notificóuselle ós denunciantes que AESA vén de abrir expediente sancionador por estes feitos.

Asimesmo, según fixo constar o Fiscal de Sala de Medio Ambiente e Urbanismo da Fiscalía General del Estado hai xa uns meses, na investigación dos feitos levada a cabo pola Garda Civil, nin pola empresa nin pola Xunta de Galicia se aportaron os permisos de investigación mineira en vigor, polo que, de confirmarse que non existen, suporían a comisión dunha infracción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial