Cal e area, o Santiago Futsal gaña e o Noia Portus Apostoli cae

0

Bisbarra, 24 de decembro do 2018 – Sen medias tintas na fin de semana no futsal da bisbarra, o Santiago Futsal gañaba en Talavera ao tempo que o Noia perdía ante o Rivas.

O Santiago gaña en dez minutos

Dez minutos de máxima efectividade cara porta para unha escuadra santiaguesa que se afastou 0-3 no  ecuador da primeira parte. Brian anotou o primeiro tanto de encontro aos 3 minutos do asubío inicial. Era o primeiro disparo entre os tres paus do Santiago  Futsal e o da  Gomera, cun canonazo coa destra desde aproximadamente 12 metros, anotou o 0 -1 dos celestes. Apenas dous minutos despois Everton confirmou o que estaba a ser un  vendaval sobre  portería local. O brasileiro resolveu no man a man ante Gonzalo tras recibir en carreira un balón recuperado por Alberto na súa propia pista. Minutos de posesión e de chegadas con perigo ante a meta do  Soliss  FS  Talavera ocasionou a acción na que, unha man dentro da área, finalizou co lanzamento de penalti no que Lucas Moreira puxo o 0-3 para os seus. Ecuador do primeiro acto e partido de fronte para os intereses celestes.

A segunda parte iniciouse cun desaxuste dos locais na saída de balón na que Santi, moi atento ao erro do rival, apareceu para meter o xusto o pé a un balón que salvou Gonzalo sobre a liña de meta. No 22′ anotou  Sergio o 1-3 nunha manobra dentro da área tras saque de esquina. Nin moito menos viñeron abaixo os ánimos celestes, que seguiron sumando ocasións en chegadas en carreira de Everton ou unha acción de Jorge Montiel ante o gardameta local na que o xogador murciano do Santiago  Futsal tivo que ser atendido polos servizos médicos tras a chegada do porteiro para arrebatar o balón.

Desde o minuto 31 de partido os santiagueses fixeron fronte ao ataque de cinco do  Soliss  FS  Talavera con porteiro-xogador. O gran despregamento en tarefas defensiva foi esencial para manter o balón lonxe da portería celeste. Así foi como se materializou a última vitoria do ano para o Santiago  Futsal, segunda da tempada lonxe de Santa Isabel. Desta maneira, os de Santi Valladares suman a súa terceira xornada consecutiva puntuando e sitúanse a cinco puntos por encima dos postos de descenso.

O Noia cae 4 a 5 ante o Rivas

Non puido ser nun partido no que o Rivas chegou a ter unha vantaxe de tres goles e o Noia estivo a piques de conseguir o empate.

O Municipal Agustín  Mourís de Noia acolleu o encontro no que ambos os dous equipos xogábanse saír dos postos de descenso directo.

Tras o tenteo inicial do comezo chegaría o primeiro tanto dos madrileños tras un roubo en media pista de De  Quadros que cun tiro ao segundo pau batería ao Carlos. Poñíanse mal as cousas para o bloque noiés que non baixaría os brazos en  ningún momento aínda que batía contra a férrea defensa dos madrileños.

En este decorado os madrileños seguían aumentando a distancia no electrónico cun tanto de  Samu tras un tiro ao segundo pau. Os do Noia conseguirían acurtar distancias por medio de  Xuxa que subía o primeiro á marcadora galega. Un gol que lles deu un empuxe de moral, pero aínda encaixarían un máis antes do descanso asina de Dani Gómez. Os últimos minutos foron de  avisos total dos noieses á portería  ripeña obtendo a recompensa no 15’  cun tanto de Juan Puertas; artífice cun golazo desde a banda ao segundo pau ante o que nada puido facer o cérbero madrileño. Remata o primeiro tempo 2 a 4 para o Rivas.

Os da casa comezaron con moita forza o segundo tempo o que se concretou nun tanto de Antoñito que poñía o 3- 4 no electrónico noiés.

Apertaba o Noia na procura do empate e poñía contra ás cordas a un Rivas que se vía favorecido polo luminoso que estaba do seu parte así como o tempo que tamén corría ao seu favor. A posibilidade do empate fixo subir a intensidade no Municipal Agustín  Mourís onde se viviría un encontro emocionante.

Xuxa marcaría o empate no 32. O xogador subiría o 4 a 4 pero despois da  celebración vería a  tarxeta vermella e tería que irse antes de tempo a vestiarios deixando ao seu equipo cun xogador menos. O Rivas non desaproveitou esta oportunidade e marcou o quinto para a súa conta persoal a falta de 6 minutos para o final.

Ao final non puido ser, o Noia  Portus  Apostoli perde a oportunidade de saír dos postos de descenso e tomarse as uvas con tranquilidade, pero queda unha segunda volta na que todo está por decidir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial