займ срочно

Calo pide unidade aos políticos mentres coloca cruces contra a canteira

0

Teo, 21 de decembro do 2020 – A Plataforma Casalonga Limpa de residuos pediu a veciñanza que colocara cruces contra a canteira ao tempo que pide nun comunicado unidade política.

A Plataforma veciñal de Calo considera “bochornoso e nocivo para os intereses da veciñanza que algún partido político intente sacar rédito político da querela presentada por Toysal contra os membros do concello”.

A Plataforma apoia ao alcalde, concelleira e arquitectos contra os que si dirixe a querela presenta por Toysal. Nunha nota de prensa explican que “ao noso parecer o único que fixeron foi defender, dende a legalidade, a titularidade pública da pista da canteira, tal e como se recolle nos Rexistros Públicos aos que calquera pode acceder”.

Engaden ademais que “a unidade das forzas políticas municipais faise máis necesaria ca nunca nestas circunstancias, por iso esiximos unha reposta unánime e inequívoca das mesmas ante esta situación” e critican que “algún partido queira sacar rédito político”.Alegacións

Desde o concello remitíronse as alegacións ao trámite de expropiación iniciado hai unhas semanas. No escrito pídese que non se realice a expropiación a favor de Toca Salgado xa que non hai unha identificación completa do ben que se quere ocupar.

Por outra banda alégase que se da unha identificación incorrecta do titular do ben ao expropiar xa que “se trata dun ben de dominio público municipal e no expediente identifícase a un particular como propietario”.

Finalmente o concello de Teo alega no documento que “tampouco se xustifica a causa para a expropiación xa que non se acredita a utilidade pública ou interese social da expropiación en cuestión”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies