A Cámara de Comercio prepara 14 misións comerciais ao longo do 2018

0

Compostela, 23 de xaneiro do 2018 – A Cámara de Comercio de Santiago ven de presentar o calendario de accións exteriores para este ano. Estas misións inclúense no Plan de Fomento das  Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinado polo Igape co obxecto de fomentar as exportacións das empresas galegas.

Viaxe a Guinea no 2017

As empresas poderán participar ao longo do 2018 en 11 misións comerciais en distintos países. No mes de marzo viaxarase a Alemania, co sector do aluminio como obxectivo de traballo, e ós Países Baixos para establecer acordos no sector biotecnolóxico.

Abril será o mes no que se visitarán os Emiratos Árabes Unidos e Omán, e Perú e Chile en Latinoamérica. Serán dúas misións que estableceran contactos en distintos sectores.

En maio, as empresas terán a posibilidade de participar nunha misión directa plurisectorial a Arxentina e Uruguai, ademais de viaxar as empresas do sector da madeira a Francia. En xuño, o sector do naval terá a súa misión en Singapur e Indonesia, e tamén se organizará unha misión plurisectorial a Colombia e Ecuador, xunto con outra a Boston do sector biotecnolóxico. Xa á volta do verán, celebrarase en setembro unha misión plurisectorial a Alxeria. Tamén está prevista a asistencia a varios encontros profesionais, como a participación na feira de pescado conxelado e conservas “Galician Seafood” en Reino Unido en marzo; a asistencia á Feira de Artesanía de Miami no mes de abril; e a participación no evento Galician Gourmet Extravaganza en Suíza en xullo.

A entidade expediu 1.971 certificados de orixe en 2017

Por outra parte, a Cámara explica que en 2017 celebrou 16 accións de internacionalización de xaneiro a novembro dentro do Plan Internacional de Promoción (PIP), que conta co apoio de fondos FEDER a través da Cámara de España, nas que participaron 74 empresas, das cales 18 eran firmas da área cameral de Santiago. E dentro do Foexga, organizáronse o pasado ano oito accións de comercio exterior, nas que participaron 49 empresas, das cales dez eran da demarcación compostelá.

Ademais, a Cámara expediu o pasado ano 1.971 certificados de orixe –un documento que explica o lugar de orixe das mercadorías, coa finalidade de satisfacer os requisitos aduaneiros ou comerciais– entre empresas da demarcación cameral e 805 legalizacións de documentos, entre outros servizos prestados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial