займ срочно

A Cámara de Comercio Santiago inicia un servizo de asesoramento personalizado

0

Compostela, 21 de maio do 2017 – A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela pon en marcha un servizo gratuíto de asesoramento personalizado para empresas, financiado polo programa europeo Pre-Solve de intercambio de boas prácticas na mellora na xestión do seu negocio coa finalidade de incrementar a súa competitividade.

A Cámara programará ata o mes de novembro cinco seminarios formativos gratuítos para profesionalizar a xestión das empresas coa finalidade de mellorar as súas capacidades e incrementar a súa competitividade. Ademais, ofrecerá un servizo de asesoramento personalizado e individualizado ás empresas que o soliciten.

O proxecto Pre-Solve ten como principal obxecto ofrecer apoio a medida aos emprendedores e ás empresas poñendo ao seu dispor ferramentas de apoio para mellorar a súa xestión. En concreto, búscase ofrecer aos empresarios acceso a unha análise da súa situación económico-financeira e empresarial. Ademais, ofrecerase apoio a medida en distintos niveis: financeiro, legal, estratéxico, comercial, e psicolóxico. Tamén se traballará no desenvolvemento dun plan para unha segunda oportunidade empresarial.

Este proxecto europeo está coordinado pola Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria (Eurochambres) e executado por catorce Cámaras de Comercio de oito países europeos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies