A Cámara de Comercio presenta a programación de cursos para final de ano

0

Compostela, 11 de outubro do 2017 – A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación formativa para final de ano con cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, recursos humanos, comercio e marketing e contabilidade e fiscalidade para todas as empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.

A entidade programou varias xornadas que tratarán de desenvolver temas demandados actualmente polas empresas, como a fidelización dos clientes, a negociación comercial, a xestión laboral, o uso das redes sociais ou un curso de manipulador de alimentos e alérxenos alimentarios

O primeiro curso sobre “Negociación: Planificación e peche de entrevistas” celebrarase do 23 ao 26 de outubro nas aulas formativas da Cámara de Comercio, en horario de 19:30 a 22:00 horas. Estará impartido por consultores de Arxon Estrategia que explicarán os diversos tipos de entrevistas ás que un empresario se pode enfrontar, ensinarán a interpretar a información recibida, ademais de dar nocións de técnicas de negociación e analizar cales son os erros de comunicación máis comúns.

Ademais, esa mesma semana dará comezo outro curso sobre a “Fidelización dos clientes mediante o email marketing”. Impartirase o 24 e 25 de outubro en horario de  16:30 a 21:30 horas e a docencia correrá a cargo de Norquality Formación. Os docentes explican que cando se empeza a traballar con persoas reais no desenvolvemento da estratexia de marketing dunha empresa “non se pode baixar a garda e é preciso manter a esas persoas interesadas e vinculadas coas temáticas da empresa. “Desenvolver campañas de email marketing é algo muy común e unha ferramenta bastante tradicional entre os xerentes de marketing, xa que ofrecen unha cantidade considerable de métricas detalladas e específicas que permiten entender a efectividade dos esfuerzos realizados” –argumentan–.

Ademais, a Cámara de Comercio de Santiago deseña unha formación “in company” con programas específicos creados á medida das empresas que os soliciten. A isto súmase a política de descontos da entidade: un 20% para empresas asociadas á Cámara e un 10% ás matrículas formalizadas antes de dez días antes do inicio do curso (descontos non acumulables).

Máis información e Inscricións:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies