A Cámara organiza o primeiro Laboratorio de innovación empresarial

0

Compostela, 23 de xuño do 2019 – A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve, o último fin de semana de xuño, o primeiro laboratorio de innovación empresarial.

Kelea, expertos en innovación e evolución organizativa e a Cámara de Comercio explican que este laboratorio de innovación pode ser un mecanismo que permita ás empresas da Cámara traballar de maneira creativa sobre os seus retos de negocio.

Compostela Innovation Lab

Ao longo de 3 días catro empresas, que forman parte do pleno da cámara, plantexan catro retos que os corenta asistentes terán que resolver. Trátase de potenciar a innovación e a creatividade.

Ao mesmo tempo este laboratorio serve para concienciar a todos os participantes sobre a necesidade de adoptar fórmulas que lles permitan experimentar de maneira constante.

Novos tempos nos xeitos

A nova etapa da Cámara de Comercio busca un modelo de innovación flexible que permita aos socios atopar ferramentas coas que conceptualizar novos produtos e servizos, e mesmo novos modelos de negocio.

É un formato baseado na experimentación e a creatividade empregados no talento externo e nas empresas tractoras. O primeiro, formado por emprendedores, estudantes e profesionais doutras empresas e as segundas, cada unha, con 5 persoas multidisciplinares que traballarán de maneira colaborativa co talento externo.

Esta iniciativa promovida pola Cámara de Comercio vai dirixida a emprendedores, estudantes e profesionais que deberán formalizar a súa inscrición enchendo o formulario que aparece na seguinte ligazón: http://compostelainnovationlab.com/

Todas as persoas participantes recibirán, ao finalizar a última xornada, unha acreditación conforme participaron nun proceso de creatividade radical baseado en metodoloxías procedentes dos principais polos de innovación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial