займ срочно

Os cambios do goberno de Silleda fanse oficiais coa publicación no BOP

0

Silleda, 14 de febreiro do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publicuo onte a resolución pola que se modifican as atribucións dos membros do executivo local de Silleda, logo da entrada dos dous novos edís

Esta modificación nas atribucións e áreas de goberno prodúcese logo da entrada dos dous novos concelleiros no executivo local de Silleda, Manuel Iglesias e Benito Saavedra Vázquez. Este último tomou posesión como concelleiro no pleno ordinario do pasado 26 de xaneiro.

En canto ao reparto de áreas, o alcalde Manuel Cuiña sigue coas Concellerías de Facenda, Seguridade, Tráfico e Réxime Interior. O primeiro tenente de alcalde, Klaus Brey, continúa coas atribucións de Urbanismo, Medio Ambiente e Obras e Servizos.

A segunda tenente de alcalde de Silleda, Ana Luisa González Costa, asume a Concellería de Cultura, área que levará xunto con  Emprego, Turismo,Deportes,  e Persoal. A área de Industria e Comercio, que levaba esta última, pasará a depender de Benito Saavedra Vázquez.

Jesús Taboada continúa con Medio Rural e Pilar Peón Iglesias suma ás áreas de Benestar Social, Igualdade, Educación e Sanidade as de Normalización Lingüística, Xuventude e Comunicación Social. Do mesmo xeito, Pilar Peón, pasa a formar parte da Xunta de Goberno Local, que integran ademais do alcalde, os dous tenentes de alcalde (Klaus Brey e Ana Luisa González) e Jesús Taboada.

O equipo de goberno de Silleda está integrado ademais por Manuel Iglesias, sen atribucións asignadas debido á falta de tempo polas súas obrigas laborais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies