Unha camelia, unha trampa, Vedra loita contra a velutina

0

Vedra, 28 de febreiro do 2018 –  O concello de Vedra ven de rematar 12 charlas informativas sobre a vespa velutina, nas 12 parroquias do concello, e prepara xa novas accións para o mes de marzo.

Charla en San Xián de Sales

As charlas de febreiro tiveron como obxectivo concienciar a veciñanza da problemática social que causa a velutina e os xeitos de poder controlar a súa presenza na comarca.  Son moitos sectores produtivos os que se ven afectados e por iso nas charlas ensináronse tamén como colocar trampas para a súa erradicación.

Para o mes de marzo o concello presenta a campaña “unha camelia, unha trampa” que nace coa pretensión de contar coa colaboración veciñal para a colocación en cada camelia dunha trampa para a captura de raíñas. Coa chegada da primavera estas capturas son unha medida fundamental xa que cada raiña que se capture pode supor un niño menos na bisbarra.

As novas raíñas nadas o outono anterior, emerxen do período de hibernación a finais de febreiro, inicio de marzo, e comezarán a construír o niño para a continuación realizar a primeira posta de ovos. A finais de maio, primeiros días de xuño, nacen as primeiras avespas obreiras, ocupándose estas desde este momento de realizar todos os labores necesarios para o desenvolvemento da colonia. A partir deste momento, as raíñas permanecerán constantemente no interior do niño, ocupándose unicamente da tarefa de posta de ovos. Consecuentemente, débese aproveitar o período no que as raíñas se mostren activas no exterior para proceder á súa captura, é dicir, durante os meses de febreiro, marzo e abril. Con este motivo xurde esta campaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies