займ срочно

Camille Thomas este xoves coa Real  Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 6 de abril do 2021 – A violonchelista franco belga Camille Thomas actuará coa Real Filharmonía de Galicia no concerto semanal da orquestra.

A Real Filharmonía estreará ademais dúas pezas do pianista Fazil Say. O artistas cancelou a súa participación neste concerto, tal como estaba previsto na programación da tempada da  RFG, debido ás dificultades que nestes momentos presentan as viaxes internacionais.

A cita será coma sempre o xoves ás oito da tarde. As entradas xa poden adquirirse na web www.compostelacultura.gal. Ademais, poderá seguirse en directo por  streaming a través da canle de Youtube da  RFG.

Fazil Say

Baixo o título “Nunca che  rendas”, a orquestra estreará en España dúas obras do pianista e compositor turco  Fazil  Say (1970): Ana  Tanriça (Nai Deusa) e  Never  Give  Up (Nunca te rendas). Esta última será interpretada ao violoncelo por Camille Thomas. Trátase dunha resposta aos ataques terroristas de 2015 en París e Istambul, unha obra escrita expresamente para ela, que ofreceu a súa estrea mundial en 2018 na cidade parisiense. Segundo o autor, é “un clamor pola liberdade e a paz”.

O programa inclúe ademais varias Danzas  eslavas de  Antonín  Dvoràk (1841-1904), en particular as número 2, 3 e 7. Son unha serie de 16 pezas moi animadas, inspiradas nas Danzas húngaras de Brahms.

Camille Thomas

A moza  violonchelista franco-belga Camille Thomas empezou a tocar o violoncelo aos catro anos e progresou tan rapidamente que pronto iniciou os seus estudos co aclamado mestre Marcel  Bardon. Continuou a súa formación en Berlín e  Weimar. As súas primeiras actuacións foron en salas tan prestixiosas como a Sala  Gaveau e o Teatro dos Campos  Elíseos de París, o Vitoria Hall de Xenebra ou o Centro de Música de Xerusalén.

O seu avance internacional produciuse en 2014 cando foi nomeada para o premio “Revelación do Ano” na 21ª edición das  Victoires da  Musique  Classique, o equivalente francés dos premios  Grammy. Uns meses despois gañou o concurso de Novos Talentos impulsado pola Unión Europea de Radiodifusión. En 2016 triunfou na categoría de “Mozo Solista do Ano” nos premios  C’ est  du  Belge da  Radiotelevisión Belga, elixidos en colaboración coa revista Paris  Match, e en 2018 foi seleccionada para a prestixiosa lista “30  under 30” de Forbes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies