Compostela, 30 de agosto do 2017 – Hoxe Galicia e Compostela celebrarán o legado musical e artístico de Fran Pérez co concerto para Narf que terá lugar a partir das 21 horas na Praza da Quintana ou no Auditorio de Galicia en caso de choiva.

No concerto para Narf participarán máis de trinta artistas de Mozambique, Portugal, Euskadi, Inglaterra e, por suposto, Galicia. Esta noite só se tocarán músicas de Fran. A súa música será a protagonista exclusiva. Fuxiremos das ideas homenaxe/tributo/lembranza e abrazaremos as ideas celebración/concerto/encontro/festa. Este concerto quere ser unha panorámica da súa extensa produción musical en distintas épocas e ámbitos. Contamos para iso coas amigas, amigos e colaboradores, que compartiron a vida musical de Fran, tanto no plano local como no internacional, con artistas chegados de Mozambique, Portugal, Euskadi e Inglaterra.

Coas cancións de Narf como punto de encontro para os seus amigos, compañeiros e colaboradores ao longo da súa vida, celebraremos especialmente, na que foi a súa cidade, unha noite de festa, agradecemento e lembranza de quen sempre estará connosco.

O concerto para Narf, que está dirixido musicalmente por Marcos Teira, terá unha banda base e logo os convidados e convidadas irán interpretando temas do músico compostelán. Entre os artistas participantes poderemos ver a Timbila Muzimba, a banda mozambicana coa que compartiu o seu último proxecto; Carlos Santiago e Pepe Sendón, compañeiros na Psicofónica de Conxo e en Nicho Varullo; Uxía, con quen publicou o disco ‘As baladas da Galiza imaxinaria’; o vasco Jabier Muguruza, parceiro no proxecto ‘Mundo café’; e moitos outros como Xabier Olite, Guadi Galego, Espiño, Jim Sanders, e outros. Tamén haberá presenza destacada do mundo do teatro galego, con Manolo Cortés, de Chévere, compañía da que formou parte nos seus primeiros tempos; As Marías (María Bouzas e María Pujalte); Mofa e Befa; e Quico Cadaval.
O espectáculo

Dirección artística e musical: Marcos Teira

Banda base: Marcos Teira, Jose Manuel Díaz, LAR Legido, Suso Alonso e Mon Orencio.

Músicos e artistas participantes: Timbila Muzimba, Xelís de Toro, Jim Sanders, Ze Rui, Coro Encaixe, Mofa e Befa, Manolo Cortés (Chévere), As Marias (Maria Bouzas e Maria Pujalte), Carlos Santiago, Pepe Sendón, Quico Cadaval, Uxía, Jabier Muguruza, Alfonso Espiño, Pilo Sierra, Guadi Galego, Xabier Olite, Javier Abraldes, Pista 4, Manuel Paino, Piti Sanz, Ton Risco e Fran Sanz, entre outros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial