Camiños da imaxe, a obra de Joaquín García Portela “Costiña” no Museo do Pobo Galego

0

Compostela, 19 de abril do 2018 – O Museo do Pobo Galego, en colaboración co Concello da Guarda e o Proxecto Socheo, acolle a exposición Camiños da imaxe na que presenta o arquivo do fotógrafo Joaquín García Portela “Costiña”.

Camiños da imaxe trae a Santiago de Compostela as fotografías e os filmes de “Costiña”. Foi o Proxecto Socheo para a recuperación da memoria visual da Guarda e o Baixo Miño quen investigou recuperando o arquivo deste fotógrafo, un dos máis recordados na vila.

Joaquín García Portela naceu en 1894. Emigra a Bos Aires onde afonda na súa formación como fotógrafo retornando nos anos 20 coa súa familia á Guarda. Alí abre o seu estudo exercendo ate a súa morte en 1957. O interese pola técnica levouno a sacarse a licenza de técnico de radios e é esta mesma arela por estar á última, aumentada polo seu desempeño laboral, o que fai que, a mediados dos anos 20, mercase un proxector e unha cámara Pathé de 9,5 mm. Realizou filmes de tipo familiar e costumista, sendo o pioneiro do cinema na Guarda. Este seu interese polo cinema levouno tamén a exercer como operador de cabina nos cines Ideal e Avenida da vila do Tegra.

A mostra encádrase dentro das actividades paralelas á MICE, Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, e estará aberta ate o 10 de xuño, día no que tamén rematará a décimoterceira edición do festival de cinema que promove o Museo do Pobo Galego. A traxectoria do “Costiña” é un tratado de amor intenso polo mundo da imaxe, tanto a

fotográfica coma a do cinema. As súas películas son os primeiros filmes feitos sobre A Guarda e por un guardés que se conservan na actualidade. Datan de entre os anos 1926 e 1929, polo que probablemente falemos do pioneiro do cinema na Guarda. Máis tamén exerceu coma fotógrafo, dándolle unha natureza polifacética ás súas imaxes. Con moitas perspectivas, atopámonos cun prisma de moitas caras onde se xuntaron unha chea de estratos: tecnoloxía, documento, memoria, linguaxe, industria, arte, narración, didáctica, ilusión, lecer… O tesón e a curiosidade levan a Costiña a transitar por unha chea de camiños que son tamén os que trazou o mundo da imaxe no seu evolucionar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies