Os camións non poderán pasar polo Milladoiro desde o vindeiro mes

0

Bisbarra, 22 de novembro do 2018 – A subdelegado do Goberno na Coruña Pilar López-Rioboo visitou onte a rotonda das Galanas, entre Ames e Teo, e confirmou que a partir do próximo mes de Nadal os camións de máis de 30 toneladas non poderán cruzar o Milladoiro.

É a primeira medida para disminuír o volume de vehículos que atravesan o núcleo do Milladoiro. Será unha prohibición, non unha recomendación, e os camións terán que desviarse pola autovía de Noia ata a rotonda das Galanas ou en sentido contrario polo mesmo percorrido.

Na visita a subdelegada estivo acompañada polo xefe da demarcación de estradas en Galicia, Ángel González del Río, e polos alcaldes de Teo, José Míñones, e Teo, Rafa Sisto.  Segundo as previsións, a partir do 15 de decembro, a Demarcación de Estradas de acordo coa Dirección Xeral de Tráfico, iniciará o proceso de instalación da  sinaléctica para proceder antes de finalizar o ano ao desvío do tráfico pesado do centro de Milladoiro.  Estímase que esta medida permitirá que deixen de circular ao ano preto de 100.000 vehículos de máis de 30 toneladas polo núcleo urbano de Milladoiro, xa que se son máis de 250 os camións destas características os que atravesan cada día a localidade.

O alcalde de Ames, Jose Miñones, doulle as grazas a Subdelegación do Goberno “polo traballo feito para que esta actuación se puidera levar a cabo. Hai uns 10 anos isto era un soño, agora é unha realidade e agardamos que dentro dun tempo poidamos ter humanizada a avenida de Rosalía de Castro. É certo que xa está redactado o proxecto para executar un enlace na rotonda de entrada do Milladoiro, ten un orzamento de 6 millóns de euros. É un avance e agrademos que se poida licitar pronto. Tamén se está facendo un estudo de varias alternativas, entre as que se atopa a execución dunha variante, co obxectivo de humanizar o centro do Milladoiro”.

O alcalde de Teo, Rafael Sisto, destacou “as nosas reivindicacións eran conseguir o acceso dos camións ás empresas e concesionarios da parte sur do Milladoiro, concretamente a zona de Reborido, algo que se logrou. Agora a única petición que nos queda é construír unha glorieta na saída do corredor AC-522, na zona das Galanas”. Sisto tamén reivindicou a apertura da AP-9, libre de peaxes, no tramo de Santiago a Padrón, para tratar de reducir o tráfico na N-550 ao seu paso polo Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial