займ срочно

Campaña de esterilización de animais de rúa en Padrón

0

Padrón, 30 de marzo do 2021 – O Concello de Padrón colabora no financiamento dunha campaña de esterilización intensiva de gatos e gatas da man de profesionais veterinarios.

O obxectivo da campaña é prever o nacemento de máis animais na rúa e evitar a reprodución descontrolada das colonias felinas en Padrón. En total, na última semana esterilizáronse 80 animais, se ben non todos habitan no concello, senón que tamén se achegaron persoas con felinos dende outros puntos da xeografía galega. A campaña continuará a fin de semana do 2, 3 e 4 de abril.

A Asociación ‘Castro, luego existo’ é a responsable do desenvolvemento deste proxecto que conta coa colaboración co Centro Veterinario de Padrón. Trátase dun programa CER, de Captura, Esterilización e Retorno, que leva castrados a máis de 550 felinos.

O concelleiro de Benestar Animal, Ángel Rodríguez, incidiu “en que nos últimos meses o Executivo está a dar moitos pasos para protexer aos animais do noso municipio. Recentemente desenvolvemos unha campaña de sensibilización con sesións formativas nos colexios para concienciar sobre o trato ético ao animal e a responsabilidade que supón adoptar. E nos vindeiros meses tamén financiaremos unha campaña para instalar microchips”.

Pola súa banda, o Concello de Padrón ten xa varias colonias controladas e dende o mes de febreiro, o Executivo contratou un servizo de Prevención do Abandono. Este servizo encargase de trasladar aos animais abandonados ó Refuxio de Bando, así como de facer campañas de sensibilización para concienciar á sociedade.

Nos vindeiros meses, en Padrón tamén se desenvolverá unha campaña para instalar microchips aos animais domésticos que aínda non o teñan, para que en caso de perderse sexa posible  localizar ao seu propietario.

Os veterinarios inciden na necesidade da esterilización para tamén prever problemas de contaxios derivados das pelexas ou outras enfermidades. Segundo a última actualización da Lei 4/2017 de Benestar Animal, os propietarios e propietarias de animais domésticos teñen a obriga de controlar a súa reprodución. Así, nestas campañas ademais de actuar cos gatos e gatas que viven na rúa, tamén se esterilizan felinos cuxos propietarios viven en zonas rurais en semiliberdade ou de persoas con escasos recursos económicos, que non poden afrontar o custo desta intervención.

Todas as persoas interesadas en contactar coa persoa responsable en Padrón deste programa poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 676 509 731.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies