Campaña de reciclaxe de vidro en Melide

0

Melide, 24 de setembro do 2017 – A alcaldesa de Melide, Dalia García, mantivo unha xuntanza de traballo con German Fernández, xerente de Ecovidrio en Galicia, para establecer as bases dunha campaña de reciclaxe de vidro entre os locais da hostalería de Melide.

Trátase dun proxecto que ten como fin a recollida selectiva de envases lixeiros fomentando a participación dos establecementos do sector da hostalería. A través desta campaña Ecovidro pretende facilitar a reciclaxe de vidro neste sector instalando novos contedores adaptados, dotados con boca máis ancha e entregando cubos aos hostaleiros que teña a ben participar nesta iniciativa.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, fai un chamamento a todos os hostaleiros da vila e anímaos a ser partícipes desta campaña de sensibilización e concienciación da reciclaxe de vidro neste sector xa que “por unha banda facilitará o seu traballo á hora da reciclaxe dos envases lixeiros e pola outra colaborarán co medio ambiente da nosa vila, unha tarefa que corresponde a todos os sectores da sociedade” .

Campaña en dúas fases

A campaña constará de dúas fases. Unha primeira na que se recollerá información e de concienciación,  na que se coñece de primeira man os hábitos de reciclado de vidro e onde se adecúan os recursos de cada local ás necesidades da campaña.

Nunha segunda fase, aos hostaleiros que o soliciten instalaránselles cubos con rodas nos establecementos e colocaranse contedores adaptados, dotados dunha boca máis ancha, e que permiten a reciclaxe das grandes cantidades de vidro xeradas pola hostalería. Este contedores situaránse  en zonas próximas aos locais co fin de que lles resulte máis fácil xestionar os residuos de vidro, especialmente nas zonas máis complicadas como por exemplo o casco histórico da vila, a zona dos pubs ou lugares de difícil acceso. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial