Campaña informativa no Milladoiro da Plataforma N-550

0

Ames, 12 de maio do 2018 – A Comisión xestora da Plataforma N-550 Milladoiro iniciou unha campaña informativa para explicar ós veciños as xestións que está levando a cabo co obxectivo de alixeirar o tráfico da Estrada Nacional ó seu paso polo núcleo do Milladoiro.

Según explica a Plataforma uns 30.000 vehículos cruzan o Milladoiro cada día pola N-550. Mais de 3.000 son vehículos pesados en tránsito que crean serios problemas de atascos, ruídos, contaminación e riscos para as persoas que teñen que moverse entre as dúas partes nas que queda dividido o núcleo urbano.

A Plataforma sinala as medidas urxentes que poden dar unha resposta rápida e que comezarían polo desvío do tráfico pola autovía Santiago Noia e o seu enlace coas Galanas, que apenas require intervencións nos accesos e na sinalización vertical. Esta solución precisa da intervención da Xunta de Galicia que tería que arranxar a rotonda das Galanas xa que, coa configuración actual, non hai espazo para o xiro dos camións. Outra das solucións demandadas é a colocación de paneis informativos do tempo de paso medio polo Milladoiro como xeito de motivar a buscar intinerarios alternativos aos condutores.

Unha vez alixeirado o tráfico a Plataforma quere impulsar un proxecto ambicioso de humanización da Avenida de Rosalía de Castro, con ampliación de beirarrúas, pazas de aparcamento e espazos de convivencia. Neste obxectivo final hai un acordo unánime dos diferentes grupos políticos con representación no Concello de Ames.

A campaña informativa en marcha, baixo o slogan “que isto se mova depende de ti”, ten como soporte documental un folleto no que se detalla a situación actual e mais as medidas urxentes a tomar polas administracións con competencias en estradas e mobilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial