займ срочно

Campionato de España de Escalada Deportiva en Compostela

0

Compostela, 6 de xullo do 2018 – Santiago acolle o Campionato de España de Escalada Deportiva en idade escolar no que participan 80 deportistas de todo o territorio.

O rocódromo Indorwall , situado no Polígono Costa vella, será a sede do Campionato de Escalada Deportiva, que se celebra esta fin de semana en Compostela. Na proba participarán escaladores procedentes de Galicia, Madrid, Castela e León, Estremadura, Valencia, Andalucía, Euskadi, Aragón e Castela-A Mancha.

SONY DSC

A concelleira de Deporte, Noa Morales, sinalou que “este evento é unha nova oportunidade para amosar aos veciños e veciñas da nosa cidade o potencial que ten o deporte de base e o importante que é promocionalo dende as idades máis temperás, non só dende un punto de vista deportivo, senón tamén de fomento de hábitos de vida saudables”. Este campionato permitirá tamén proxectar Compostela en todo o Estado, xa que se emitirá vía streaming.

O número máximo de participantes por comunidade autónoma é de 8, en equipos formados por tres deportistas masculinos e tres femininas, un seleccionador ou seleccionadora e unha persoa responsable da exposición. Aínda que os equipos estarán formados por cadetes, permitirase que un/unha deportista de último ano de categoría infantil (nado/a en 2005) poida formar parte do equipo cadete.

A competición está organizada pola Federación Galega de Montañismo e a Federación Española de Escalada Deportiva, en colaboración co Consello Superior de Deportes, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, definiu este campionato como “unha oportunidade para que siga chegando xente a Santiago e o faga nun evento que se celebra por primeira vez”.

O responsable de deporte escolar da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME), José Miguel García, sinalou que se trata dun evento “histórico para o montañismo español, xa que se celebra por primeira vez un campionato destas características, que permitirá formar aos nenos e nenas que competirán no futuro en París 2024”. De feito, a escalada está incluída, por vez primeira, como disciplina olímpica.

O vicepresidente da área de escalada da Federación Galega de Montañismo (FGM), José Antonio Villar, reivindicou “que se fale máis da escalada e do montañismo e dos logros deportivos dos e das profesionais deste deporte, do que habitualmente temos noticias por desgrazas ou mortes en alta montaña”.

Velocidade, bloque e dificultade

Celebraranse tres probas diferentes, comezando o sábado día 7 coas probas de velocidade, que se desenvolverán nas fases clasificatoria e final nunha única eliminatoria onde se computa o mellor tempo. Con posterioridade celebraranse as probas de escalada en bloque, onde a primeira fase ten un formato de rotación á americana e se divide en 6 bloques, e a segunda fase ten un formato de rotación “á vista”, onde haberá 5 minutos por rotación.

Xa o domingo terán lugar as probas de dificultade, desenvolvidas en formato “ao flash” na primeira fase de clasificación, cun mínimo de dúas vías distintas e obrigatorias de escalada e cun máximo de 6 minutos, e en formato “á vista” na fase final, cunha única vía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies