Javier Méndez e Pedro Vieites repiten vitoria no Campionato de Pádel do Concello de Frades

0

Frades, 29 de agosto do 2018 –  Javier Méndez e Pedro Vieites proclamáronse campións da décima edición do Campionato de Pádel do Concello de Frades.

Campións

O campionato de Pádel tivo lugar esta fin de semana na pista municipal de Frades e nel participaron cinco parellas de xogadores. Méndez e Vieites reeditan deste xeito o seu trunfo da edición de 2017.

O torneo disputouse baixo o sistema de liguiña a un set (sempre cunha diferenza de 2 xogos), pasando á final as dúas mellores parellas. Nesa final, Javier Méndez e Pedro Vieites venceron á parella formada por Carlos Rivera e Marcos Sueiro por 6-0 e 6-4. Ambas parellas recibiron os seus correspondentes trofeos de man do concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea.

Finalistas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial