Campionato de tute en Ames

0

Ames, 28 de setembro do 2018 – O Concello de Ames organiza un ano máis un Campionato de Tute, que dará comezo o vindeiro 10 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Todos os interesados/as en participar poderán inscribirse na oficina de Deportes, mediante o número de teléfono 619 842 504, ata o 8 de outubro. Ao final da liga de tute, os gañadores do campionato recibirán un trofeo.

Galicia conta con unha gran tradición en canto a xogos de cartas. Por este motivo, dende fai varios anos, o Concello de Ames celebra cada ano o campionato dun dos xogos máis coñecidos: o tute.

Así, a concellería de Deportes organiza este ano un novo campionato de tute entre a veciñanza, que se celebrará na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir do mércores 10 de outubro. Deste xeito, todos os mércores e venres, os participantes daranse cita no local a partir das 20.30 horas para disputar as distintas fases do concurso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial