Clausurado o  XVI Campionato Galego de Cetrería en Ordes

0

Ordes, 31 de outubro do 2017 –  Un ano máis O Mesón do Vento foi lugar de encontro para a cetrería non só de  Galicia, senón tamén chegados de distintos puntos da península.

Durante toda a fin de semana máis de 50 aves participaron no XVI Campionato Galego de Cetrería, cuxo programa incluíu tamén exhibicións e mostras das que disfrutaron moitas persoas interesadas que se achegaron ata esta localidade do municipio de Ordes.

Francisco González, José Trastoy e Ignacio Orge foron os tres primeiros clasificados na categoría harris respectivamente. Na de azores o primeiro premio foi para Víctor Manuel Pérez, seguido de José David Zumeta e de José Trastoy. O falcón que acadou maior puntuación foi o de Óscar López, quedando en segunda e terceira posición os de Juan Barcala e María Dolores. Por último, o vencedor na categoría de pequenas aves foi Carlos Area, seguido de Pedro San Juan e Víctor Manuel Pérez. Aos gañadores tamén se lles fixo entrega do seu diploma oficial como Cetreiros do Camiño.

Os premios foron entregados pola xefa territorial de Medio Ambiente, Cristina Carrión Rodríguez; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; e o presidente da Federación Provincial de Caza, Pedro Nieto González. O rexedor local destacou o papel da organización para “facer medrar a afección por esta arte” e novamente volveu brindar a axuda do Concello de Ordes “para a celebración de eventos deste tipo”. Agradeceu que o municipio volvera “ser sede dun campionato autonómico por segundo ano consecutivo” e destacou o papel de Rafael Regos Martínez, cetreiro local “que trouxo e deu a coñecer esta afección en Ordes”.

O XVI Campionato Galego de Cetrería foi organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería, en colaboración co Concello de Ordes, a Sociedade Deportiva O Gatillo, Deporte Galego, Galicia Saudable e o Museo do traxe Juanjo Linares.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies