займ срочно

Campionato Galego de Cross Curto este domingo en A Baña

0

A Baña, 2 de febreiro do 2017 –  O Concello de A Baña acollerá este domingo, 5 de febreiro, tres importantes citas do calendario galego de campo a través.

 A Baña serve de pista para o Campionato de Galicia de Cross curto por clubes, o Campionato galego de cadete e xuvenil, individual e por equipos, e o Memorial Alejandro Lorenzo, que xuntará no seu circuíto as categorías de benxamín, alevín e infantil no que, segundo a Federación Galega de Atletismo, pretende ser “a gran xuntanza de cross das categorías inferiores”.

A proba presentouse no salón de plenos da casa consistorial de A Baña, con presencia do alcalde, Andrés García Cardeso, e do concelleiro de Deportes, Manuel Tourís, acompañados do delegado da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, e o director técnico da proba, Jorge Gómez.

O alcalde de A Baña quixo agradecer o traballo tanto do concelleiro de Deportes como dos técnicos deportivos do Concello, Adrián Vázquez e Sergio Viétez, así como a aposta da Federación Galega de Atletismo por elixir o concello para a celebración desta importante cita deportiva que atraerá ao longo da mañá do domingo ao municipio preto de 1.500 persoas, entre atletas, adestradores e familiares.

García Cardeso subliñou a necesidade de apostar por deportes como o cross “Os partidos de fútbol están moi ben, pero tamén hai que darlle o pulo que se merecen outras disciplinas deportivas como é a que se celebrará o vindeiro domingo na Baña”.

Nese mesmo senso, manifestouse o concelleiro de Deportes, quen destacou a importancia que ten para A Baña, “un municipio rural de 3.700 habitantes, celebrar unhas probas desta categoría”, sinalou Manuel Tourís, agradecendo a aposta da Federación por este municipio barcalés. Tamén tivo mención especial para os patrocinadores das probas e para as agrupacións de Protección Civil de Santa Comba e de Negreira que colaborarán co dispositivo especial de seguridade e control de tráfico, así como para o Concello de Negreira “que tamén colabora con nós facilitándonos as carpas”.

Pola súa banda, o delegado da Federación Galega de Atletismo de Santiago, Iván Sanmartín, fixo un chamamento a que o público acuda a ver esta cita, que calificou de “verdadeiro espectáculo”. Según indicou, “Galicia sempre foi unha terra de cross” e subliñou que a cita deste domingo na Baña “reúne os ingredientes necesarios dunha proba de gran categoría e repercusión”, na que se darán cita “os mellores corredores de medio fondo e fondo” de Galicia. “Esta é unha proba que arrastra dende os clubes de atletismo máis punteiros de Galicia ata os máis humildes”.

Iván Sanmartín indicou que destes campionatos galegos sairá a selección de atletas que representará a Galicia no Campionato Nacional Cadete-Xuvenil, nas categorías masculina e feminina, así como os tres mellores clubes que representarán á comunidade galega no campeonato nacional de cross que se celebrará en Oropesa (Castellón) o vindeiro 26 de febreiro.

O circuito de campo a través de A Baña ten un máximo de 1.250 metros, e aínda que conta con zonas de terra e barro, é na súa meirande parte de herba. “Diseñamos un circuito de cross moi bó e bastante duro, aínda que non conta con pendientes excesivas”, indicou o director da proba.

As probas comenzarán co Memorial Alejandro Lorenzo ás 10.30 horas, coas categorías Benxamín e rematarán co Campionato de Cross Curto por equipos pasadas as 14.00 horas.

Según indicou o edil de Deportes, Manuel Tourís, o Concello cortará o acceso ao tráfico “xa dende a praza do Concello, polo que haberá que subir ata o campo andando, xa que son só 300 metros. Habilitaremos furgonetas para subir o material e tamén o pavillón para que os atletas poidan ducharse e cambiarse”.

Para máis información sobre as probas: http://www.atletismogalego.com/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies