займ срочно

O Campionato Galego de tiro con arco este sábado na Pobra

0

A Pobra, 3 de setembro do 2020 – O concello da Pobra acolle este sábado o Campionato Galego de Percorrido de Bosque 3D con 4 modalidades de tiro con arco en liza.

Na cita están inscritos 52 deportistas que competirán en arco composto, instintivo, espido e longbow. probas que serviran ademais para acceder ao campionato nacional dos distintos estilos.

Na presentación estiveron presentes o alcalde Xosé Lois Piñeiro, a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo, a técnica desta área, Ana Romero, e a presidenta do Club Arqueiros do Barbanza, Inma Souto.

O Campionato Galego de tiro con arco este sábado na PobraA zona elixida para o transcurso da proba é A Portela, unha área boscosa que, tal e como expuxo a edil, está suficientemente lonxe de núcleos poboados. Por outra banda, o horario establecido é de 09.00 a 19.00 horas, existindo dous circuítos: un pola mañá e outro pola tarde. Unha vez feito o reconto, procederase á entrega dos trofeos.

Máis polo miúdo, Inma Souto indicou que se estipulan 24 propostas de tiro en cada un dos circuítos, en que se van disparar frechas a réplicas de figuras de animais.

No referente ao protocolo establecido por mor da COVID-19 determínase non deixar entrar ninguén ao circuíto sen máscara; utilización en todo momento da máscara; toma-la temperatura de quen participe na proba cun termómetro a distancia; o xurado deberá empregar pantallas de protección, máscaras e luvas; e cada participante disporá dunha pistola pulverizadora de solución hidroalcohólica para desinfecta-las figuras en que craven as súas frechas, entre outros aspectos.

En canto á normativa do propio evento, figura que as persoas menores de 14 anos deberán acceder acompañadas dunha persoa adulta que debe estar perfectamente acreditada; e quen incumpra as pautas, tanto as sanitarias coma as propias bases, deberá abandona-la competición, polo cal se procederá á súa descualificación.

A realización desta cita deportiva contará cun un total de dez persoas que velarán en todo momento polo total cumprimento das medidas preceptivas. O Club Arqueiros do Barbanza proporcionará máscaras e luvas para cambiar cando sexa preciso, ademais de facilita-lo avituallamento sólido (bocadillo e froita), o cal estará precintado por salubridade.

Finalmente, o alcalde manifestou que o Concello, a través da Concellaría dos Servizos Municipais, porá á disposición outra parte da loxística. Do mesmo xeito, contarase coa colaboración da Protección Civil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies