Compostela investirá no campo de fútbol de Santa Isabel medio millón de euros

0

Compostela, 4 de decembro do 2017 – A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto técnico para a renovación e ampliación do sistema de céspede sintético e do sistema de rega no campo de fútbol de Santa Isabel. As melloras en Santa Isabel custarán case 525.000 euros, e terán un prazo de execución de 38 días.

O alcalde, Martiño Noriega, explicou que “as obras levaranse a cabo durante a temporada de verán, para non interromper as competicións futbolísticas”. O seguinte paso será que a Xunta de Goberno dealle luz verde ao inicio do procedemento de licitación. A actuación no céspede súmase as obras de mellora da accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel, cuxo proxecto técnico tamén foi aprobado xa, cun orzamento de preto de 120.000 euros.

Pista de xeo

Na xunta de goberno do pasado venres o executivo local autorizou tamén a instalación da pista de patinaxe sobre xeo na Alameda á empresa Entertainment and Leasure Technology SL, cun canon de 2.000 euros. O alcalde salientou que “ao igual que coas luces de Nadal, o Goberno optou por unha concesión para as dúas próximas tempadas de Nadal, co obxectivo de aforrar trámites no servizo de contratación e asegurar os prazos”.

A pista de xeo abriu o pasado sábado, cun prezo de 4,50 euros para escolares, e 8 euros para as sesións de 50 minutos para o público en xeral. Tamén existe a posibilidade de comprar unha entrada sen límite de tempo ao longo dun día, polo prezo de 10 euros.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies