IV Campus de Atletismo Millaraio

0

Ames, 30 de agosto do 2017 – Do 4 ao 8 de setembro, o club Millaraio organiza o seu cuarto Campus de Atletismo, que se desenvolverá no complexo deportivo de Bertamiráns en de 9:00h a 13:30 horas.

O prezo do Campus de atletismo por participante será de 35 euros para atletas do club e de 45 euros para persoas non socias. A inscrición pódese facer a través da páxina web do club www.millaraio.es.

Esta cuarta edición procura ser un comezo lúdico e diferente de inicio de temporada para os socios do Millaraio, ofrecendo, ao mesmo tempo, unha primeira toma de contacto divertida co mundo do atletismo, para todas e todos aqueles que non son socios do Millaraio.

cartaz do campus de atletismo

Cartaz do campus de atletismo

Alén das actividades ligadas á iniciación neste deporte como lanzamentos ou saltos, o Campus tamén incluirá actividades de piscina e unha camiñada desde Milladoiro ata a Praza do Obradoiro, en Santiago. A diario, as rapazas e rapaces participantes terán que levar roupa e calzado deportivo, auga e unha pequena merenda para o descanso. Os días nos que haxa actividade de piscina, deberase levar toalla, traxe de baño, gorro e chanclas. O Campus está dirixido a nenas e nenos nados entre o ano 2006 e o 2011.

O prezo por participante será de 45 euros para os que non sexan membros do club, e de 35€ para socios. As persoas non socias poderán escoller entre dúas modalidades de pagamento: a través dun ingreso ou transferencia na conta de Abanca ES11 2080 3114 1730 4000 7543 ou entregando o diñeiro o primeiro día do campus. Para as socias e socios do club, o pagamento da inscrición pasarase polo banco como  co resto de cotas. A inscrición pódese realizar na páxina web  do club www.millaraio.es.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial