Campus de verán Meigas e Trasgos de fútbol sala

0

Ames, 25 de xuño do 2018 – O FC Meigas e a EFS Trasgos, en colaboración co Concello de Ames, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia, organizan un ano máis o Campus de verán Meigas e Trasgos de fútbol sala.

O campus Meigas e Trasgos desenvolverase durante a primeira quincena de xullo na área deportiva de Bertamiráns. Dirixido a nenas e nenos nados entre o 2002 e o 2013, o campus contará con servizo de gardería, entre as 9:00h e as 10:00 e ata as 14:30 horas. Tras o éxito das dúas anteriores edicións, en verán e Nadal, o FC Meigas e a EFS Trasgos repiten a iniciativa no verán. Trátase dunha experiencia multidisciplinar na que o nexo común será o fútbol sala, máis os rapaces e rapazas participantes poderán introducirse noutras disciplinas como baloncesto, voleibol, fútbol americano ou béisbol. Non faltarán as actividades na piscina descuberta de Bertamiráns e outras actividades lúdicas.

Inscricións e prezos

A inscrición nesta actividade pódese facer a través do enderezo de correo electrónico fcmeigas@gmail.com. Tamén se pode efectuar, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20. Existe un número máximo de 50 prazas dispoñibles e a posibilidade de acudir unha ou dúas semanas, tanto do 2 ao 6 de xullo como do 9 ao 13 do mesmo mes. O prezo por participante é de 120 euros para as dúas semanas, cun desconto de 20€ para as nenas e nenos do FC Meigas e da EFS Trasgos. O prezo para unha semana é de 65 euros, cun desconto de 10€ para as nenas e nenos do FC Meigas e da EFS Trasgos. Para obter máis información sobre esta actividade, pódese visitar a páxina web www.fcmeigas.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies