займ срочно

Campus de fútbol campo e fútbol sala en Ames

0

Ames, 22 de xuño do 2017 – O concello de Ames terá dous campos centrados no fútbol campo, a cargo da Fundación do Celta, e de fútbol sala, a cargo do Meigas.

Campus de verán da Fundación Celta de Vigo

O campus do Celta desenvolverase entre o 26 e o 30 de xuño no campo municipal do Milladoiro, de luns a venres e de 10:00 a 14:00 horas, excepto o venres 30 de xuño, que os rapaces e rapazas irán de excursión ao Estadio de Balaidos. Todos os días os participantes disporán dun pequeno almorzo e  cada neno que participe recibirá un equipamento oficial composto por uns calcetíns, un pantalón e unha camiseta.

As clases serán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Real Club Celta de Vigo. O obxectivo é o ensino e o perfeccionamento de tódolos conceptos relacionados co fútbol e o deporte. Os nenos recibirán unha formación técnica especializada de primeiro nivel nun ambiente de xogo e entretemento imprescindible para a súa aprendizaxe. Empregarase un sistema de aprendizaxe rotativo que dividirá o traballo en catro áreas diferentes: coordinación; técnica/táctica; multideporte; e competición.

Clausura do campus no Estadio de fútbol de Balaidos

A principal novidade este ano do campus será unha visita ás instalacións do Estadio de fútbol de Balaidos. Os nenos e nenas poderán ver o vestiario do primeiro equipo do Real Club Celta de Vigo, a sala de prensa, o túnel dos vestiarios e o mailo terreo de xogo. Asemade, aproveitarse esta visita para facer o acto de clausura. Tamén se visitarán as instalacións da Madroa, onde comerán os nenos e nenas.  

Para inscribirse hai que acceder á paxina web da Fundación Celta de Vigo (www.fundacioncelta.com). Para obter máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo info@fundacioncelta.com ou chamar ao número de teléfono 986 213 676, en horario de mañá, de 9:00 a 13:30h, e de tarde, de 16:00 a 18:30 horas.

Campus de fútbol sala do Meigas

O Fútbol Club Meigas vén de presentar o seu primeiro campus de fútbol sala, organizado en colaboración co EFS Trasgos e o Concello de Ames. O Campus desenvolverase entre o 10 e o 14 de xullo de 8:00 a 14:00 horas, no pavillón municipal de Bertamiráns e terá servizo de gardaría de 8:00h a 9:00h.

O Campus está orientado a nenas nadas entre o ano 2001 e o 2012, así como a nenos nacidos entre o 2005 e o 2012. Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo de correo electrónico fcmeigas@gmail.com ou ben ao efstrasgos@gmail.com. As inscricións tamén se poden realizar a través do número de teléfono 670 51 81 20.  Existe un número máximo de 50 prazas.

O prezo por participante é de 60 euros, cun desconto de 10 euros para nenas e nenos do FC Meigas, do EFS Trasgos e do Santiago Fútsal. Pódese encontrar máis información na páxina web www.fcmeigas.com.

Fundación do EFS Trasgos

Unha das novidades deste Campus, con respecto ao traballo previamente realizado polo FC Meigas, é que incorpora a presencia de rapaces. “Este ano abrimos as portas aos nenos coa fundación do Club de fútbol sala Trasgos, que será mixto. Desta forma, as rapazas que queiras participar dun club enteiramente feminino poderán integrarse no FC Meigas, mentres que aquelas que prefiran optar por un club mixto terán o EFS Trasgos”, afirmou Diego Montero, coordinador do FC Meigas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies