II Campus de fútbol sala do FC Meigas e do EFS Trasgos

0

Ames, 22 de novembro do 2017 – O II Campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames, terá lugar entre o 26 e o 30 de decembro.

O campus organizase en horario de 10:00h a 14:00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Está dirixido a nenas e nenos nados entre o 2001 e o 2012 e contará con servizo de gardería, entre as 9:00h e as 10:00 e ata as 14:30 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com. Existen un número máximo de 50 prazas dispoñibles.

A iniciativa do FC Meigas e do EFS Trasgos suporá unha oportunidade para gozar do fútbol sala, baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que os participantes teñan mañás cheas de diversión, actividades e aprendizaxe.

O prezo por participante é de 65 euros, cun desconto de 10€ para as nenas e nenos do FC Meigas, do EFS Trasgos e do Santiago Fútsal. Para obter máis información sobre esta actividade, pódese visitar a páxina web www.fcmeigas.com.

Unha vintena de nenas e nenos participaron no I Campus de fútbol sala

O primeiro campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames, tivo lugar entre o 10 e o 14 de xullo e contou coa participación dunha vintena de rapaces. Unha das curiosidades que presentou este campus foi a elevada presenza de mulleres, sendo isto algo relativamente pouco común nos campus de fútbol.

O principal obxectivo deste tipo de actividade foi, e continúa a ser, o de combinar os aspectos lúdicos coa aprendizaxe de diferentes elementos do fútbol sala. Alén diso, outro dos elementos chave do campus é o de fomentar os valores ligados ao deporte e, especialmente, o de potenciar a igualdade de xénero neste ámbito.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies