займ срочно

A Asociación contra o cancro de Ordes celebra a VII Comida Solidaria

0

Ordes, 28 de setembro do 2017 – O domingo 22 de outubro a Asociación contra o cancro de Ordes celebrará a súa VII Comida Baile Solidaria.

A Comida Solidaria contra o cancro de Ordes terá lugar no restaurante Barreiro, na parroquia de Leira, ás 14.30 horas, e as entradas para poder participar xa se poden adquirir no mesmo restaurante e no bar Saloon (Ordes) por 30 €.

No acto levarase a cabo o habitual sorteo de agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Novamente porase á disposición das persoas asistentes un servizo gratuíto de autobuses, que sairá ás 14 horas da Alameda de Ordes, grazas á colaboración de Autos Rogelio.

A comida solidaria organizada pola AECC Ordes é un dos actos sociais máis destacados do municipio no que cada ano aumenta o número de comensais, sendo case 400 na edición pasada o que supuxo uns ingresos de arredor de 2000 €. Entre eles non faltan representantes de todos os estamentos e sectores da sociedade ordense, da corporación municipal, así como membros e cargos destacados da AECC da provincia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies