займ срочно

Cantos de Taberna no casco vello Compostelán cidade histórica

0

Compostela, 12 de abril do 2019 – Volve o ciclo de Cantos de Taberna a Compostela organizado polo Muiñeiros do Sarela e por locais da cidade histórica.

En esta ocasión contarase coa participación agrupación Vento Mareiro de Moaña. A xornada de Cantos de Taberna segue o mesmo esquema de citas anteriores, cun obradoiro de cantos primeiro e co percorrido posterior polos establecementos de hostalería. A partir das 18:30 horas terá lugar o obradoiro, na aula gastrocultural da Praza de Abastos e dirixido por Alexandre Cadarso, membro dos Muiñeiros de Sarela e autor do libro Cantigas de Taberna, que recolle máis dun cento de cantos populares e partituras.

A partir das 21:00 horas, as persoas que participen no obradoiro de cantos iniciarán, en dous grupos, o roteiro polos establecementos de hostalería da rúa do Franco, da Raíña, do Vilar e San Clemente. Está confirmada a participación de seis establecementos: Cotolay, A Fuego Lento, O’42, O Celme, ACDC e María Castaña.

O programa Cantos de Taberna naceu co obxectivo de recuperar esta tradición da cultura popular galega, que tivo o seu momento de esplendor nos anos 60 e que nos últimos anos se vén retomando en moitas cidades galegas, da man de agrupacións vinculadas á música tradicional. Deste xeito, apóstase por recuperar un repertorio musical, que tamén forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies