Cantos na Maré renace en Compostela

0

Compostela, 24 de setembro do 2020 – O festival Cantos na Maré inicia unha nova etapa en Santiago de Compostela renomeado como Maré Músicas e Artes Atlánticas nun formato ubicado no Hotel NH Collection.

O novo formato Maré Músicas engadirá foros profesionais e de emprendemento cultural, citas audiovisuais e gastronomía aos concertos de artistas vencellados cos territorios de fala galego-portuguesa, sinal de identidade do evento.

Cantos na Maré renace en CompostelaA produtora galega Nordesía, organizadora do Maré, adiantou todos os contidos do encontro que se celebra ata o próximo día 26. Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, participou nesta presentación, na que expresou que o apoio aos festivais de música, como importantes motores culturais e económicos, é un obxectivo prioritario da Xunta de Galicia.

Sutil explicou que o novo Maré está integrado na marca FEST Galicia xunto a outros 12 eventos que contan este ano cun patrocinio especial do Goberno galego, e recoñeceulles aos promotores do festival a súa capacidade de adaptación e de seguir evolucionando cara a novas fórmulas para se constituír nunha cita obrigada para público e profesionais, sen perder a fidelidade ao seu espírito de irmandade coa lusofonía a través da lingua e da música compartidas.

Novos apartados e  MaréFest

O festival articulase este ano nas seccións MaréLab, un espazo de investigación para apoiar o crecemento da economía creativa; MaréNet, para situar Compostela como referencia do negocio das industrias culturais; CineMaré, cunha carteleira audiovisual procedente das culturas atlánticas; GastroMaré, un encontro entre cociñeiros e música para descubrir novos sabores e produtos; e MaréTV, o apartado audiovisual da plataforma de música Tolemias, desde a que se poderán seguir, ademais, moitas actividades do festival en streaming. Así mesmo, intégranse este ano a entrega dos premios da música e da poesía galego-portuguesa aRi[t]mar.

Baixo a dirección artística da cantante Uxía, a carteleira de concertos agrúpase baixo o epígrafe MaréFest, e pretende ser un foco de intercambio artístico e creativo, propoñendo a artistas e público ir máis alá da simple suma de actuacións. Todas as citas serán no Hotel NH. Hoxe Toty Sa’MED, A Pedreira, Paco Cifuentes e Pierre-Yves Rougier; o venres 25 estarán LaBaq, Faia, Nacho Muñoz e Lar Legido; en tanto que o día 26 terá lugar a gala Cantos na Maré, coa participación de António Zambujo, Sabela, Miguel Araújo e Bifannah.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial