займ срочно

Caramuxo e Perla I gañan o Concurso Morfolóxico Cabalo Pura Raza Galega

0

Silleda, 10 de xuño do 2018 –  Os exemplares Caramuxo  e  Perla I foron, respectivamente, os gañadores das seccións de machos e femias do Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo Pura Raza Galega, que se celebrou na 41ª Abanca Semana Verde de Galicia.

O primeiro premio en machos: Caramuxo

En machos, ademais de Caramuxo, propiedade de José Fandiño Vázquez, de Cobas (Ferrol), foron recoñecidos co segundo posto, Jalisco I, de Marcelino Freire, de Oza-Cesuras (A Coruña), e co terceiro Castaño III, de Juan Fontenla, de A Estrada (Pontevedra)

En canto a femias, a gañadora, Perla I , pertence a José María Costa Blanco, de Muras (Lugo). O segundo e o terceiro posto foron, respectivamente, para Dana e Támaga, ambas de Marcelino Freire.

No concurso, organizado pola Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga), participaron 13 exemplares desta raza autóctona en perigo de extinción procedentes de distinta localidades de Galicia.

Primeiro premio en femias: Perla I

O cabalo galego, protagonista doutras actividades

Ao longo da xornada o cabalo de pura raza galega foi tamén protagonista noutras propostas do programa da feira, como unha exposición permanente de exemplares e unha exhibición de  ferraxe a lume.

Para hoxe domingo, esta raza centrará as súas actividades nunha exhibición de perruquería equina orientada á preparación de exemplares para concursos e espectáculos e tamén nunha exhibición de doma clásica de alta escola con monta antiga á amazona, organizada pola Asociación Cabalo Pura Raza Galega e ofrecida por xentileza de Gadis.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies