Carboeiro recibe ó director americano  Byron McGilvray

0

Silleda, 11 de xuño do 2019 – Byron McGilvray, recoñecido director de corais en Estados Unidos, visitou Silleda en novembro do pasado ano e agora volve para dirixir en Carboeiro a The Ladies of the McGilvray Chorale.

A cita con Byron McGilvray será o domingo día 23 as sete e media da tarde.  The Ladies of the McGilvray Chorale son 25 voces femininas que realizarán só tres actuacións en Galicia este verán, sendo unha delas a do mosteiro de Carboeiro, onde pecharán a xira por Galicia e Portugal.

Nacido en Texas, Mc Gilvray atesoura unha longa traxectoria como mestre en distintas universidades e centros e director de formacións durante os últimos 40 anos. Ademais de impartir clases como profesor de música na universidade estatal de San Francisco, McGilvray dirixiu numerosas xiras en distintos países de Europa nos últimos anos. Foi tamén mestre en China, Taiwan, Xapón, Israel ou Exipto entre outros, ten dado numerosas conferencias e sesións de traballo por todo o mundo e foi un dos fundadores con Robert Shaw do Festival of Masses. 

O director recalou en Silleda logo de coñecer por Julio Domínguez, director do prestixioso curso de verán “Tamara Brooks”, as excelente acústica do mosteiro.  “Estamos seguros de que este concerto será todo un fito en Silleda”, sinala a concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial