Carboeiro no Salón Internacional do Cabalo

0

Silleda, 31 de outubro do 2018 – O Mosteiro de Carboeiro estará presente no Salón Internacional do Cabalo de Sevilla grazas a egua Oria de Vida, do veciño Diego González.

Diego elixiu o Mosteiro de Carboeiro para grabar un vídeo de presentación da egua que competirá na categoría de pura raza española. O criador foi o ano pasado un dos emprendedores que recibiu unha subvención no marco do Programa Municipal de Axuda á Creación de Emprego. “Para nós é toda unha honra que un veciño de Silleda participe nun certame de este nivel e que ademais elixira Carboeiro como escenario de presentación da egua “, sinala a concelleira de Cultura e Turismo, Ana Luisa González.

O mosteiro de Carboeiro aplicará dende o xoves o horario de inverno

O mosteiro de Carboeiro modifica o seu horario de visita a partir deste xoves día 1. Así o horario de apertura será de martes a domingo (os luns continuará pechado ao público) de 11.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 horas. Este horario de inverno manterase ata o mes de marzo.

A taquilla pechará pola tarde media hora antes, ás 17.30 horas. Este horario establecese en función das horas de luz natural, tal e como se vén facendo nos últimos anos.

O mosteiro, que dende o pasado mes de setembro  abría ata as 19:00 horas, recibiu este verán a milleiros de persoas, superando as 3.260

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial