O centro de Cáritas no Milladoiro pide axuda para atender as necesidades de familias con necesidades

0

Bisbarra, 19 de marzo do 2020 – A Unidade Parroquial de Cáritas Milladoiro, que atende tamén a Teo e a contorna, pide a colaboración de particulares e empresas para atender a familias con especiais necesidades.

Cáritas Milladoiro axuda

Imagen de Gerd Altmann en Pixabay 

Cáritas explica que desde o comezo das medidas de confinamento domiciliario atendéronse máis de 40 familias das cales máis dun 60% son familias con necesidades urxentes e con menores a cargo na súa maioría usuarios de comedores escolares.

A extensión no tempo das medidas de prevención contra a pandemia e o incremento día a día de familias que demandan artigos de primeira necesidade obrígaos a lanzar un chamamento a particulares e empresas para que na medida das súas posibilidade poidan doar artigos de alimentación e de hixiene.

Cáritas pon o foco nos establecementos de hostalería, aos que o obrigado peche desde o pasado sábado fixo que algúns dos seus produtos non teñan unha saída comercial e si poderían ser de gran axuda para a atención a familias vulnerables.

Ata o momento empresas como  GADISA, Froitas Barreiro, decenas de particulares e a Federación  Galega de Bancos de Alimentos colaboraron con Cáritas da  UP de Milladoiro,Teo e  Contorna doando alimentos e produtos básicos de hixiene. Todo este traballo realízase grazas á colaboración dunha ducia de voluntarios que día a día realizan as tarefas loxísticas, de almacenamento, repartición e atención telefónica.

O número de conta para doazóns económicas é o seguinte

ES93 2080 0392 2430 4000 1950 .

Teñen tamén a disposición dos veciños o  teléfono 678.512.276 para calquera información e organizar a recollida das doazóns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial