Carlos Bau e Hugo Torreiro protagonistas do Vermú no Camiño de Melide

0

Melide, 11 de agosto do 2018 – Os domingos en Melide continúan tendo banda sonora asegurada coa programación de Vermú no Camiño na Praza da Herba a partir das 13.30.

Serán  Carlos Bau e Hugo Torreiro os protagonistas do Vermú no Camiño de este domingo.  Este verán sacaron un tema nun estilo que definen como “galletón” , mestura evidente de galego e reggaeton, e que ten como primeira canción este “Ai canto che quero”.

 

Este programa de música para os domingos comezou no mes de xullo, teñen continuidade en agosto e setembro e o próximo 26 de agosto será a quenda para Smoke Trío coa súa actuación na praza das Ichoas e en setembro, pechará o programa a actuación de Chroma na praza das Ichoas.

Todas as actuacións terán lugar a partir das 13.30h do mediodía, Luis Arias, concelleiro de Turismo indicaba que “con este tipo de actividades intentamos dinamizar máis aínda se cabe as fins de semana na nosa vila, onde veciños e visitantes saen a rúa para gozar do bo tempo e tamén para realizar as súas compras no mercado dominical”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial