Carlos Blanco repasa os seus mellores monólogos esta noite en Ames

0

Ames, 12 de abril do 2019 –  Carlos Blanco fai unha parada na Casa da Cultura de Bertamiráns esta noite para facer un repaso polos mellores monólogos do seu repertorio, coas entradas anticipadas en taquilla esgotadas e un dez por cento por vender alí mesmo a previsión é de un cheo absoluto.

Durante 60 minutos Carlos Blanco revisará os seus monólogos máis coñecidos e botará man da improvisación para engadirlles referencias e reflexións sobre as cuestións máis actuais. A partir das nove da noite o actor lembrará textos como O porno galego, Galizara, As grandes frases das nosas avoas e avós ou o xa mítico As bravas de Arousa, pero dende un punto de vista actual e aberto. Así, se ben manterá as temáticas orixinais, o actor engadirá tamén novos puntos de vista e temas da máis rabiosa actualidade para mostrarlle ao espectador que os tempos cambian, pero hai cousas moi nosas que sempre se manteñen.

Este espectáculo forma parte da xira que o artista está a realizar para celebrar os seus trinta anos de traxectoria, nos que engloba os seus monólogos máis recoñecidos. O custo da función  é de 5 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial