A estrada, 24 de abril do 2017 – Carlos López leva moito tempo en política activa xa que no 2003 xa foi concelleiro en A Estrada, despois ocupou escano no Parlamento de Galicia, compatibilizando ese posto co de portavoz da oposición no concello, e no 2011 presentábase como cabeza de lista do Partido Popular conseguindo unha maioría absoluta que renovou no 2015 e todo isto en tempo complicados para a política como el mesmo di

Coincide co que nos dixo Manuel Cuiña, alcalde socialista de Silleda, sobre o papel dos alcaldes dentro dos partidos. Carlos López cree que as cúpulas do partido terían que ter en conta máis aos alcaldes porque son os que coñecer a realidade diaria

A Estrada acaba de aprobar os orzamentos para o 2017 pero a xestión, incluso con maioría absoluta, e moi complicada porque como Carlos López recoñece os concellos son as únicas institucións que están intervidas. En A Estrada esa intervención fai incluso máis dano xa que é o único concello de Galicia de máis de 20.000 habitantes que xestiona de forma directa tódolos servizos polo que os posibles investimentos teñen que dedicarse a mantemento do que se ten.

A Estrada foi unha referencia no sector do moble cunha das Feiras máis importantes de Galicia. A crise por un lado e os cambios de tendencia no deseño fixo que moitas empresas pecharan pero outras conseguiron mudar o xeito de traballar e atoparon novos nichos de mercado

No concello sitúase a Academia Galega de Seguridade e estes día está nos medios a polémica en torno ao traslado aqui do112 sobre o que o alcalde ten claro que non se trata dun mero cambio de ubicación se non que é un cambio de modelo de xestión das emerxencias

A Estrada é tamén referencia cultural con dúas citas moi consolidadas: A rapa das bestas de Sabucedo e a Festa do Salmón, Carlos López pensa que si a primeira require sobretodo un traballo de mantemento a segunda pide xa certos cambios que a fagan crecer

Nos últimos tempos comeza a despuntar unha festa que ten a importancia de abrir un novo modelo produtivo que está creando emprego, a Festa da Sidra

Quedan dous anos de lexislatura e os obxetivos están claros. Cando se realizaba esta entrevista o alcalde agardaba que a xustiza desbloqueara o PXOM e esa mesma tarde o TSXG dáballe a razón o concello, ese Plan de Ordenación urbana e a autovía con Santiago son pezas que teñen que mudar o futuro de A Estrada

Carlos López pertence a unha nova xeración de alcaldes do Partido Popular como Carlos Martínez en Vedra, Munín en Boqueixón ou Sanjurjo en Ordes. Políticos xoves aos que lle tocou exercer de alcaldes nun momento complicado no que o seu propio partido non llelo pon fácil con leis como a chamada “Montoro”. Carlos López da a sensación de saber o que quere para A Estrada e que conseguira dúas maiorías absolutas consecutivas indica que os seus desexos coinciden cos dos veciños, o seguinte examen en dous anos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies