Vedra, 3 de agosto do 2017 – A semana pasada falábamos cun dos alcaldes máis xoves da bisbarra pero con experiencia acumulada dunha lexislatura e media no cargo.
Carlos Martínez Carrillo sempre estivo vinculado ao movemento asociativo e veciñal de Vedra, de feito este concello conserva desde hai anos unha actividade veciñal na que participa, dun xeito u outro, todo o pobo. Carlos Martínez tratou de asegurar a continuidade de esta actividade con acordos que impliquen a ambas partes, veciños e concello, e que ao tempo serven de vías de comunicación para coñecer as necesidades das parroquias.

De ese traballo e da situación do concello en xeral falamos e comezamos pedíndolle unha valoración dos dous primeiros anos de lexislatura

As administracións locais son as que están soportando unha maior presión fiscal ao que hai que engadir o pouco marxe de manobra que teñen, Carlos Martínez só pide que lles deixen traballar

O problema da non reposición afecta non só ao traballo se non tamén ao ambiente laboral e en outros aspectos do día a día

A orografía dos concellos é unha das razóns máis rotundas para solicitar poder contratar persoal, o temporal que este inverno afectou a toda a bisbarra foi unha proba disto como nos conta Carlos Martínez

O temporal deixou tamén a sensación de que o rural, ante calquera tipo de problemas, non está moi protexido. En este sentido o parque de bombeiros é unha prioridade que Carlos Martínez define de xeito moi gráfico: o necesitan como o comer

E xa que falamos de servizos o que na actualidade está enriba da mesa de toda Galicia e o transporte público. Vedra mantivo reunións con Teo para facer unha solicitude conxunta xa que hai estradas interiores que comparten

Esas reunións con Teo ou proxectos como Goza do Ulla ou Xenerais do Ulla deixan ver que chegou o momento de que os concellos máis pequenos traballen xuntos

O Ulla é un caso moi especial no tema do asociacionismo e a participación veciñal, iso dou unha oportunidade ao concello de Vedra para atopar un modelo de colaboración que serve de exemplo a outros municipios

Preguntamos a Carlos Martínez polo turismo e por esa oportunidade que se presenta coa ruta do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro que se une no concello coa Vía da Prata

Pedímoslle para rematar os plans para os dous anos que quedan, unha etapa na que habitualmente concrétanse os traballos de preparación que se fixeron na primeira parte do mandato

Carlos Martínez Carrillo é un político que transmite seguridade, véselle un claro apego ao concello pero non ao posto. Vinculado desde pequeno as festas e actividades de Vedra un o pode atopar no descenso do Ulla en piragua, nas festas do Patio ou en san Miguel de Sarandón celebrando a colleita de viño do ano. Teremos que buscalo porque, aínda que as veces non lle quede máis remedio que subirse ao palco, onde máis cómodo se asente  é abaixo, entre a xente.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies