Os grandes festivais sempre foron inestables en Compostela. Xa sexa por estar vinculados aos xacobeos ou polas dificultades de financiar grandes citas o feito é que Santiago segue sen contar cun gran festival que se consolide cos anos. O Son do Camiño chega para encher ese oco, con vontade de quedarse e coa vista posta no 2021, ano do próximo xacobeo, como primeira meta.
A organización do Festival e cousa da unión formada polas empresas Old Navy Port Producciones, S.L. e Esmerarte Industrias Creativas, S. L. e conta ademais co apoio da Xunta de Galicia. Lindeiros.gal fala con Carlos Rodríguez codirector de Son do Camiño, unha persoa que transmite a tranquilidade que fai falta para xestionar 3 días de concertos, ademais de outros 6 en distintos puntos de Galicia, con máis de 30 artistas e unha afluencia prevista de 28.000 persoas en cada xornada. Comezamos por preguntar polo apoio institucional necesario para unha aposta tan forte
Rodríguez explica a necesidade de ter un festival de este tamaño non só en Santiago se non en Galicia, Viveiro acolle o Resurrection, centrado no hard rock, pero non existía unha cita con música actual
O Festival contará con dous escenarios distintos que permitirán que, mentres se fan os cambios de equipos entre artistas, a música non deixe de soar
Carlos Rodríguez recoñece que hai que saber xestionar o trato cos artistas pero tamén di que hai moito de lenda no que se conta das súas manias
Rematamos a entrevista preguntándolle polos seus gustos, declárase fan de Novedades Carmiña pero creo que concertos como o de Jamiroquai ou Martin Garrix marcarán a diferenza
Compostela recupera un espazo para concertos e consigue un equipo disposto a consolidar unha cita que pon a cidade na escea internacional. O xoves volve a música a un lugar polo que pasaron artistas como Prince, Bruce Springsteen, Rolling Stones, Bob Dylan ou Gloria Gaynor que foi a última gran artista que pasou polas instalacións. O Son do Camiño será unha cita para lembrar que esperemos que abra a porta a outras ao longo do ano.