займ срочно

Carmen Castro, veciña de Compostela

0

As grandes vilas de Galicia están feitas con xente coma Carmen, persoas que migraron do campo para traballar na cidade na procura dun futuro mellor.

Naceu nunha pequena aldea chamada Pedroso, na Escravitude. Foi a escola ata os doce anos, sempre que as crecidas do regato de Tarrío non illaran a aldea, o que pasaba en non poucas ocasións. En realidade eran dúas escolas nas que se separaban nenos e nenas, o mestre e a mestra, matrimonio, ensinaban cada un ós seus. Pero Carmen recoñece que foi o empeño do seu pai en obrigalos a estudar de noite, cando volvían de levar as vacas o monte, o que máis lle ensinou.

A vida está chea de contradicións e aquel home que se preocupaba de que estudaran foi o mesmo que, cando morreu a súa nai, marchou da casa con outra muller deixándoa soa con 14 anos e con dous irmáns dos que coidar. Traballaban as leiras e vendían o que podían os domingos en Padrón, ata onde camiñaban cargados cos produtos da colleita. O leite daba para comprar unha carta de aceite, a metade dun cuartillo, que tiña que chegar para toda a semana. Carmen di con seriedade que eles estaban ben, que polo menos tiñan millo, patacas… algo de comida e que moita xente por aquel entón estaban moito pior, que non tiñan nin sequera pan e que cando podían compralo o que se lles vendía era pan de ración o pior que había.

Casou moi xoven, con 19 anos. Cando os seus irmáns casaron tamén e quedou sola co seu marido, que non atopaba traballo, decidiu dar o paso e buscar algo na cidade. Unha veciña da aldea traballaba no Hotel Peregrino, por aquel entón dos máis novos da cidade, e buscoulle un posto na cociña. Lembra con moito cariño aquela etapa e os momentos pasados cos compañeiros, moi bos deberon ser porque cando lle ofreceron cambiar de fregar pratos a limpar habitacións non quixo, estaba a gusto na cociña e alí traballou ata a  xubilación.

Non todo foron vos momentos, viviu en primeira persoa unha das folgas máis importantes da hostalería compostelán, un mes enteiro pararon case todos os locais da cidade e cando rematou 5 compañeiros acabaron na rúa, os que se salvaron dixeron que nunca máis pasarían por outra así.

Segue a ser unha muller moi activa os seus 82 anos,  camiñar, cociñar para ela ou para os fillos, coidar as plantas pero sobre todo disfrutar dos netos son as tarefas que ocupan o dia a dia dunha loitadora, unha muller que nunca deu un paso atrás e que sigue a dalos sempre adiante,

Compostela, 1 de abril do 2015

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies