Ordes, 25 de xaneiro do 2018 – O concello de Ordes ven de presentar o espazo de conciliación pensado para os días de Entroido e que leva por nome Carnival Camp.
Ata o vindeiro 9 de febreiro permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar no Carnival Camp. Serán dúas xornadas de conciliación que terán lugar os días 12 e 14 de febreiro de 9 a 14 horas, dirixidas aos nenos e nenas escolarizados entre os 3 e os 12 anos de idade. Obradoiros, festas, xogos, disfraces e moito máis son as actividades previstas.
Para calquera consulta basta con chamar aos teléfonos 981 697 844 ou 604 002 616. Tamén se pode facer uso do correo electrónico: ordes@escuelacontalento.es. Todas e todos os que queiran participar deberán apuntarse no Departamento de Educación situado no primeiro andar do Concello e alí dar conta dos datos persoais e forma de pagamento, cuxo importe total ascende a 8 euros. Un ano máis a escola Con Talento participa nesta iniciativa.