займ срочно

Carnival Camp en Oroso para conciliar en Entroido

0

Oroso, 23 de xaneiro do 2018 – Tras o éxito acadado nos seus dous primeiros anos, o Concello de Oroso convoca unha nova edición do Carnival Camp, un programa de conciliación familiar para as vacacións escolares do Entroido. Unha iniciativa que inclúe xogos, clases de música, obradoiros e actividades en inglés.

O Carnival Camp está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e terá lugar os días 12 e 14 de febreiro nas instalacións do CEIPP do Camiño Inglés, cun horario e uns prezos que se adaptan ás necesidades das familias. Inicialmente, o Concello de Oroso ofrece os mesmos horarios e prezos dos dous últimos anos: de 9:00 a 14:00 horas, por un prezo de 12 euros; e de 7:30 a 15:30 horas, por un prezo de 16 euros. Ademais, as familias poderán escoller o horario que mellor se adapte ás súas necesidades entre as 7:30 e as 15:30. O prezo adaptarase ao tempo que se precise.

A maiores, as familias poderán contratar servizos adicionais como almorzo (2 euros), xantar (5 euros) e merenda (3 euros). As familias interesadas en participar deberán anotarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 690 903) ou na Escuela ConTalento (881 981 905 ou oroso@escuelacontalento.es).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies