займ срочно

A V Carreira Camiño das Letras partirá o 17 desde o Pico Sacro

0

Boqueixón, 8 de maio do 2018 – O Concello de Boqueixón acollerá a saída da V Carreira Camiño das Letras, que terá lugar o próximo 17 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas.

A carreira Camiño das letras presentouse na Cidade da Cultura coa participación do alcalde, Manuel Fernández Munín, e dos secretarios xerais de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García; o delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro; a concelleira de Xuventude, Deportes e Benestar Animal do Concello de Santiago, Noa Morales; a responsable da firma Xurdir, que organiza o evento, Carmen Vázquez; a directora de Acción Cultural da Cidade da Cultura, María Pereira; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o padriño da carreira, o actor e presentador Roberto Vilar, e a deportista Esther Pedrosa.

Na súa intervención, Fernández Munín agradeceu á organización “que pensase no noso concello para acoller esta V Carreira Camiño das Letras. Para nós é un privilexio e unha honra que o Pico Sacro, enclave de grande importancia para a cultura xacobea, sexa o punto de partida deste itinerario”. O percorrido levará aos participantes dende o emblemático Monte Sagrado ata a Cidade da Cultura pasando polos camiños da Vía da Prata ao seu paso polo municipio. “Os numerosos participantes terán a oportunidade de coñecer de primeira man o amplo patrimonio natural e cultural de Boqueixón”, concluíu o rexedor, quen animou a todos os asistentes a aproveitar esta xornada en torno ao deporte para realizar unha visita ao concello.

A V Carreira Camiño das Letras terá lugar o próximo xoves 17 de maio e constará de dunha proba absoluta (coas categorías Sub 23-20, Senior, Master Masculino A, B e C, e Master Feminino A e B), ademais de catro dentro das categorías para menores de idade. No caso da primeira sección, o percorrido é de 15 quilómetros ao longo da Ruta de Prata ata a Cidade da Cultura. A proba dará comezo ás 10.00 horas e os participantes sairán dos arredores do Pico Sacro. Nas categorías para menores de idade estableceranse distintos circuitos. Ás 10.45 horas está prevista a sección de Cadete-Xuvenil (Sub 16 e Sub 18), cun percorrido de tres quilómetros aproximadamente. Ás 11.00 horas participará a cativada da categoría Alevín-Infantil (Sub 12 e Sub 14), de 1,5 quilómetros, e ás 11.45 horas, a de Pequerrechos (nados e nadas entre 2009 e 2013), de 700 metros de distancia. Os Pitufos (nados e nadas no 2014 e posteriores) pechan as categorías infantís, cun percorrido de 200 metros. Esta última proba dará comezo ás 12.00 horas.  As inscricións deberán realizarse a través da web www.carreirasgalegas.com. Tamén se poderá consultar nela toda a información relativa ao regulamento desta proba deportiva.

Programa de voluntariado

O Concello de Boqueixón, que colabora moi estreitamente coa organización da V Carreira Camiño das Letras, vén de poñer en marcha un programa especial de voluntariado. Neste senso, Manuel Fernández Munín indica que “creamos unha acción específica para captar voluntarios para colaborar no bo desenvolvemento da proba. Entre as súas tarefas atópase o marcaxe do percorrido para garantir a seguridade dos corredores”.

Todas as persoas que se animen a colaborar co Concello de Boqueixón nestas accións de voluntariado recibirán diferentes agasallos e poderán participar nunha degustación de produtos de Ternera Gallega. As solicitudes deberanse realizar no ximnasio municipal (636 731 721) ou chamando a Xurdir (673 848 593).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies